Novo número da nosa edición impresa

venres, 3 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o evento por excelencia do sector TIC galego..
Tamén destacamos outros temas como:
- Gradiant achega con GLIK unha ferramenta para atopar información útil
- A revolución TIC instálase no deporte de alto nivel da man de Balidea
- A Tecnópole achega un amplo programa de almorzos tecnolóxicos
- Entrevistamos a Manuel Penedo, coordinador do CITIC
- A Xunta salienta a colaboración dos máis de 700 aliados do Plan de Inclusión Dixital 2020
- O Goberno galego debulla as vantaxes da Historia Social Única Electrónica
- A Deputación de Coruña habilita un bus tecnolóxico para dar a coñecer as Irmandades
- Achegámonos á mostra Galicia100 inaugurada recentemente en Santiago
- Tecnoloxía galega premiada no YuzzDay celebrado en Santander
- Smartnet: tecnoloxías para mellorar e rendibilizar a nosa pesca
- Realidade aumentada e aplicacións para os Cruceiros Costeiros de Galicia
- A Deputación de Ourense e Abanca lanzan aplicación para facilitar pagamentos

PUBLICIDADE