Novo número da nosa edición impresa

mércores, 16 de decembro do 2015 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Rede Dixital de Emerxencias de Galicia.
Tamén destacamos outros temas como:
- Gradiant, AtlantTIC e SCR-Everis proban en drons comunicacións máis rápidas e fiábeis
- Creada e presentada ao detalle a Fundación do CITIC
- Ineo e AGESTIC suman azos para fortalecer o sector TIC galego
- CPEIG e Vicepresidencia lanzan app para axudar ás mulleres en situación de maltrato
- A Xunta e a FEGAMP volverán colaborar para impulsar a capacitación TIC a través da CeMIT
- Un estudo da Axenda Dixital certifica o baixo número de vocacións TIC na nosa terra
- A Deputación Pontevedra aposta pola fórmula do coworking e estrea conta en Instagram
- SICON facilítanos todo o que precisamos sobre as licitacións das administracións galegas
- Boa parte dos operadores suspenden en asistencia técnica e atención ao cliente
- A Fundación Vodafone premia a proxectos tecnolóxicos ao servizo da atención á dependencia
- Medidas para revitalizar a lingua e a cultura galega nas redes
- Abanca prepara sucursais máis TIC
- Damos conta dos éxitos e as decepcións en Kickstarter
- A Deputación de Ourense impulsa un foro interprovincial a prol da innovación
- O CPXG presenta nova web, xornalistas.gal

PUBLICIDADE