Novo número da nosa edición impresa

luns, 19 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Xornada de Informática Xudicial organizada polo CPETIG en Santiago de Compostela.
Tamén destacamos outros temas como:
- A Toxa acolleu a Noite Galega dos Enxeñeiros en Telecomunicación
- O CITIC cóntanos a súa experiencia en Bruxelas para sentar as bases de futuras colaboracións
- A Deputación de Ourense amosa en South Summit o seu modelo de xestión provincial
- O Goberno galego aproba o Plan de Banda Larga 2020
- Telefonica impulsa con 50 novas firmas a segunda andaina de Galicia Open Future
- Entrevistamos a Marcos Mata, presidente do CPETIG
- A UCGAL elabora un informe exhaustivo sobre a calidade dos operadores
- O Concello da Cultura Galega avalía polo miúdo os nosos hábitos TIC nos nosos fogares
- O CESGA lanza un completo manual de uso e aplicación sobre o proxecto RuralSchoolCloud
- Santiago acollerá o encontro LibreCon, referente no ámbito do software libre e os negocios
- Medra a actividade do Centro de Atención ao Contribuínte da Deputación de Pontevedra

PUBLICIDADE