Novo número da nosa edición impresa

venres, 20 de febreiro do 2015 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad. Este último número estrea un redeseño da cabeceira que nos vindeiros meses trasladarase ao resto das nosas marcas.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á proba piloto da aplicación Apparcar que está a desenvolver o Concello de Santiago de Compostela.
Tamén destacamos outros temas como:
- Tegnix lanza Control Suprimir, unha innovadora e libre plataforma de mantemento
- Política Lingüística e Xuventude convidan a mocidade a seducir en galego a través das TIC
- Toma & Go, comunidade para facilitar envíos e traslados compartidos
- O CITIC presenta en Málaga tecnoloxía para fornecer telecomunicacións de calidade ao tren
- O CiTIUS achega novas ferramentas para extraer, analizar datos en galego e castelán
- O CPETIG fornece fórmulas axeitadas para acadarmos unha Rede máis segura
- A Deputación Pontevedra fornece as empresas o seu módulo de Facturación Electrónica
- AMTEGA traballará para implantar en 2015 o posto de traballo dixital entre os funcionarios
- A Xunta e o Concello de Santiago compartirán infraestruturas TIC
- O CPEIG lembra as cousas que podemos facer para protexermos os nosos datos
- O CPEIG conmemora o papel da muller nas novas tecnoloxías
- A Deputación de Lugo fomenta o envellecemento activo a través das TIC
- Entrevistamos aos responsábeis de Yoloreparo, os boxes de autoarranxo de móbiles en Vigo

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE