Novo número da nosa edición impresa

xoves, 6 de febreiro do 2014 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do cuarto aniversario da LaconNetwork e á gala de entrega dos X Premios EGANET, eventos que este ano celebráronse de xeito conxunto en Vigo.
Tamén destacamos outros temas como:
- Vodafone pon en marcha novas iniciativas para ampliar ao máximo a funcionalidade do móbil
- A USC presenta o seu ambicioso repositorio aberto e accesible Minerva
- GisEIEL, a solución do CITIC para as deputacións e concellos
- AMTEGA impulsa unha plataforma para empresas concesionarias do transporte de viaxeiros
- Videoguard, a tecnoloxía galega para loitar contra o furtivismo na costa
- O centro galego AtlanTIC oferta medio cento de prazas para investigadores
- Falamos co responsable do Grupo Barrán, unha empresa galega moi centrada no código aberto
- Entrevistamos a Manuel Vicente, presidente da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE