Novo número da nosa edición impresa

xoves, 24 de outubro do 2013 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración das Xornadas de Informática Xudicial organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, para o que falamos co presidente do colectivo, Marcos Mata, e co responsable de implantación do Centro Europeo contra o Cibercrime, o galego Manuel Álvarez Sobredo.
Tamén destacamos outros temas como:
- Nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións da man da COETG-AETG
- Predición meteorolóxica hora a hora en calquera punto de Galicia da man do CITIC
- O Plan de Banda Larga e R achegan xa velocidades de 200 Mbps
- A nosa terra salienta no acceso móbil á Internet
- Telefónica presenta os seus datos máis recentes sobre o seu traballo despregado en Galicia
- Gradiant amosa os seus últimos achados en investigación TIC e transferencia tecnolóxica
- A cultura e a lingua galegas seguen a facerse fortes na Rede
- A Deputación de Pontevedra amosa os seus froitos recentes en materia TIC

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE