Novo número da nosa edición impresa

mércores, 21 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que celebra o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG).
Tamén destacamos outros temas como:
- O director xeral de Gradiant achega a súa visión sobre a I+D galega
- A Tecnópole renova a súa páxina web
- Adianto da nova edición de Culturgal
- O Proxecto NACCE chega á súa segunda fase e informa dos froitos acadados
- AMTEGA informa do estado da saúde das TIC no noso tecido produtivo
- Afondamos nas máis recentes tecnoloxías xurdidas do centro Gradiant
- O CESGA axuda ás mozas galegas no emprendemento TIC
- A Deputación de Pontevedra informa das súas novas achegas TIC

PUBLICIDADE