Novo número da nosa edición impresa

luns, 26 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao futuro Centro de Proceso de Datos Integral da Administración autonómica que aspira a converterse no corazón tecnolóxico de Galicia.
Tamén abordamos outras temas como os seguintes:
- R subministrará a tecnoloxía de telecomunicacións a Novacaixagalicia
- Ineo aposta por tirar o máximo proveito das nosas empresas TIC no desenvolvemento do país
- Avanza a iniciativa para conquerir un dominio para a lingua e a cultura galegas
- Nethinking
- Reconto dos froitos acadados pola aplicación de Meteogalicia para móbiles
- Premios de Innovación Empresarial da Universidade de Santiago
- En marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- O Programa de Voluntariado Dixital entra na súa fase formativa
- A Deputación de Pontevedra renova o seu sistema corporativo de impresión
- O Proxecto Le.es da Universidade de Santiago investiga no e-book
- A cultura galega dá mostras de vitalidade na Rede
- Finalistas dixitais da nova edición dos Mestre Mateo

PUBLICIDADE