Novo número da nosa edición impresa

luns, 30 de maio do 2011 Redacción

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Cidade da Cultura e aos principais recursos tecnolóxico-dixitais do completo. Tamén adiantamos algúns detalles sobre o II encontro profesional B-web que terá lugar en EXPOCoruña os días 2 e 3 de xuño.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
- Intermax dá conta do seu compromiso co acceso á Rede no rural
- Patrimoniogalego.net anima á comunidade a traballar polos nosos bens
- Os arquitectos implantan a tramitación electrónica de documentos
- A Biblioteca Ánxel Casal avanza na achega de libros dixitais
- O CMG acolleu a presentación de novas ferramentas dixitais a prol da nosa lingua
- A CRTVG estrea páxina web
- Ineo toma o pulso á innovación das súas empresas
- Ozona ultima os detalles do seu evento en Santiago sobre virtualización
- Diego Rosales ofrécenos unha visión do futuro dos paquetes ofimáticos libres

PUBLICIDADE