Novo número da nosa edición impresa

venres, 13 de maio do 2011 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao Día das Letras Galegas e a Internet, de aí que realicemos unha escolma de exemplos de conmemoración cultura e dixital arredor da figura do poeta Lois Pereiro.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- O CNTG acolle o 18 de maio unha xornada sobre a muller nas TIC
- A Xunta anuncia máis recursos para espallar a banda larga no noso rural
- A Xunta presenta unha guía de boas prácticas sobre a contratación TIC no eido púlbico
- O CPEIG organizou en Compostela unhas xornadas sobre e-Administración
- Pexego organiza unhas xornadas para informar das vantaxes do OpenERP
- Iniciador Galicia celebra o seu segundo aniversario
- Ineo amosa o potencial das súas empresas en materia de apoio aos medios
- Afondamos nas posibilidades de comunicación e promoción das redes sociais
- A innovación galega segue máis viva que nunca

PUBLICIDADE