Novo número da nosa edición impresa

luns, 17 de maio do 2010 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á celebración conxunta do Día das Letras Galegas e do Día da Internet, completando a información cunha achega ao CPEIG, Ineo e o Cluster TIC coma impulsores da Rede na nosa comunidade.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:


- Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC de Galicia, opina sobre o noso potencial de mercado
- Declaración institucional da Xunta co gallo do Día da Internet
- Adianto do Foro Galego de Cloud que terá lugar o 20 de maio en Compostela
- Entrevita co director territorial de Administración Pública de HP, Alfredo Ferreiro
- EGANET informa dos froitos da súa bolsa de emprego
- Novidades na páxina web da CRTVG
- Modernización destina 10 millóns de euros a axudas para o sector
- LaconNetwork: rumbo a un informal lobby galego das TIC
- O Concello de Brión poderá impartir certificados europeos sobre Informática
- A Universidade de Vigo estrea o voto electrónico

PUBLICIDADE