Novo número da nosa edición impresa

martes, 10 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Rede de Dinamización da Sociedade da Información, repasando os seus 2 últimos anos de actividade e entrevistando a Helena Veiguela.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:


- Comerciogalego.eu: Novo portal en liña para ir ao mercado... sen saír da Rede
- AGESTIC e novos agricultores promoverán a Internet en 60 concellos galegos
- INEO informa das vantaxes das certificacións de calidade
- A empresa galega Netex desenvolve e presenta un buscador intelixente: Guru
- O proxecto Granxafamiliar.com obtén apoios das empresas de transporte
- A Universidade de Vigo inaugura dúas novas aulas tecnolóxicas de innovación
- Vicepresidencia pon en marcha Exeria, unha web en contra do sexismo
- Novo dominio á vista: .tel
- Propostas recentes para unha web accesible
- A campaña electoral na web
- Escolma das últimas novidades en videoxogos

PUBLICIDADE