Novo curso de verán da USC sobre o audiovisual galego e portugués
venres, 20 de xuño do 2008
Baixo
o tÃtulo de Filminho:
reflexións sobre o audiovisual galego e portugués englobarase o
conxunto de todas as actividades dedicadas á formación e á produción do
Filminho. Unha proposta dirixida polo profesor Carlos Quiroga que conseguiu o
respaldo da Universidade de
Santiago de Compostela dentro das súa oferta de Cursos de verán 2008.
O Filminho, a festa do
audiovisual galego e portugués vai a celebrar a súa primeira edición
do 22 ao 27 de xullo en
Vila Nova de Cerveira e en Goián (Tomiño), un evento que adquire o
cualificativo de internacional porque decorrerá ao mesmo tempo a ambas ribeiras
do Miño.
O prazo de inscrición xa está aberto. Desde o 21 de maio os interesados xa se poden inscribir a través da Internet,
desde o 11 de xuño ao 11 de xullo poderase facer a matrÃcula de maneira
presencial ou por correo ordinario. Filminho, reflexións sobre o audiovisual galego e portugués conta con 30 horas lectivas (23 aulas + 15 sesións con proxeccións + 6 galas especiais + 6 actividades de lecer) cun prezo de inscrición de 70 euros. Facer
a matrÃcula do curso serve para asistir de balde a todas as proxeccións
retirando previamente as entradas de cada sesión.
Os participantes tamén contarán cun seguro académico e a posibilidade de
conseguir créditos da universidade. O curso ten prazas limitadas de 80 alumnos.