Novo curso de Community Manager en Santiago

luns, 4 de abril do 2011 Marcus Fernández

Atendendo á demanda de formación no eido dos medios sociais, Nortideas Formación programou para os vindeiros días 15 e 16 en no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela un curso de Community Manager que durante 12 horas impartirán Rubén Bastón e Iago Fernández, profesionais de Elogia que darán a coñecer as diferentes ferramentas, soportes e estratexias dispoñibles para definir, implementar e avaliar un plan de Social Media e xestionar comunidades en liña. O prezo do curso é de 200 euros e conta con prazas limitadas.
O curso divide os seus contidos nos seguintes 18 temas:
- Web 2.0: cambio do paradigma comunicativo
- Que é unha rede social
- Que son os foros, portais colaboradores e blogs
- Como relacionarse con eles: axitación de contidos, Relacións Públicas 2.0 e buzz marketing
- Blogging corporativo
- Facebook: tipos de presenza
- Facebook: como desenvolver promocións nunha páxina oficial
- Outras redes xeralistas
- Redes profesionais
- Twitter: ¿que é?
- Twitter: utilidades para empresas, normas de actuación
- Youtube: ¿como funciona?
- Flickr: ¿como funciona?
- Outras plataformas de vídeo e imaxe
- Â¿Que podemos medir? ¿Que queremos medir?
- KPI e métricas de actividade en Social Media
- Ferramentas de monitorización de opinión en liña de balde
- Ferramentas de monitorización en liña de pagamento

PUBLICIDADE