Novo MID de fabricación surcoreana
luns, 30 de marzo do 2009
A coreana Iriver
estreou a web oficial do seu novo MID, o Iriver D50-N, que aÃnda
que sexa un equipo bastante limitado, pode resultar de grande interese para os
que queiran facer uso de aplicacións lixeiras (coma dicionarios electrónicos)
ou para conectarse á Rede.
O pequeno equipo só mide 150 x 88 x 24,8 milÃmetros e pesa 365 gramos, conta
cunha pantalla de 4,8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, 16 Gb de
memoria interna, conectividade Wi-Fi, lector de tarxetas microSD, teclado
QWERTY completo e unha baterÃa que servirÃa para reproducir 16 horas de música
ou 8 horas de vÃdeo, e que se
venderá por 498.000 wons (uns 272 euros).