Novo Curso de Especialización en Marketing Online</Em> en A Coruña
mércores, 23 de febreiro do 2011
A Escola Superior Marcelo MacÃas
celebrará entre o 31 de marzo e o 28 de maio o seu primeiro Curso de Especialización en Marketing Online
en A Coruña, dirixido polos profesionais Daniel Cerqueiro (Galinus) e Javier
Varela (toctocmedia), que terá unha duración de 200 horas entre presenciais e en liña. As clases presenciais terán
lugar os venres entre 16:30 e 21:30 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
Entre o profesorado
desta primeira edición do curso figuran relatores coma Rodolfo A. Albella
(Pleiteando), Jesús López (Grupo Femxa), VÃctor Salgado (Pintos & Salgado
Abogados), Iván Fociños (PéZcalo), Daniel Seijo (Weblogs, S.L.), Pablo López DomÃnguez
(Hacce Soluciones TIC) e os propios directores da actividade formativa que
tratará temáticas diversas como os blogs, as redes sociais, as páxinas web
corporativas, a reputación en liña, o marketing
viral, os buscadores, a normativa legal, a analÃtica web ou o comercio
electrónico.