Novidades en Agalega.info: RSS activo e 10.000 vídeos pendurados

martes, 24 de xullo do 2007 Raquel Noya

Agalega.info permite elixir distintas opcións para a achega de fluxos RSS

A páxina web dos informativos da Galega, que hai menos dun mes sorprendeunos pola súa utilidade tanto para xornalistas como para o público en xeral (ó permitir consultas dos últimos informativos da dita cadea ou a exploración dos contidos por categorías, tanto temáticas como xeográficas), vén de acadar a cifra de 10.000 vídeos pendurados, pertencentes ós informativos dos últimos tres meses.
Asemade, xa está operativa a función de RSS da páxina, servizo que lle vai permitir á web estreitar ligazóns co mundo, poñendo ó alcance da man do usuario a posibilidade de recibir actualizadas as novas do máis recente informativo publicado na Rede.
Ademais, o internauta tamén poderá configurar o dito RSS “á carta”, co fin de escoller as novas por temas e áreas xeográficas, o que incrementa as posibilidades de recibir información actualizada en función dos intereses do usuario.
Para integrarse de cheo na Web 2.0, agalega.info tamén permite recomendar os vídeos en sistemas como Menéame e Chuza, así como engadilos os sistemas de favoritos de Del.icio.us e Yahoo!

PUBLICIDADE