Artigos desta sección
Un programa permite detectar mentiras a través de Skype
KishKish, a compañía que lanzara un contestador automático para Skype (KishKish SAM), agora impresiona coa incorporación dun analizador de estrés na voz, de xeito que permite saber se o noso interlocutor a través de Skype está a dicir a verdade.O KishKish SAM VSA permite monitorizar as chamadas realizadas para comprobar o nivel de estrés da voz da persoa coa (...)
Ler máisEstrean un blog para o colectivo LGBT
A compañía Weblogs S.L. ábrelle a porta á blogosfera rosa con AmbienteG, un novo blog para atender os intereses dos colectivos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais, no que falarán tanto da realidade social da comunidade LGBT como do lecer, a cultura e a sexualidade.
Ler máisComeza a Semana da Ciencia con dúas mostras interactivas sobre o cerebro en Pontedeume e Carballiño
Este xoves 2 comeza oficialmente en Galiza a Semana da Ciencia, a celebración europea do espírito investigador. Esta semana 2006, que consiste en liñas xerais nun variado programa de actividades encamiñadas a estreitar o contacto entre a comunidade científica e o resto da sociedade (abrindo os laboratorios, organizando exposicións e visitas guiadas, etc), (...)
Ler máisA Nintendo Wii estrearase con 62 xogos
A nova consola doméstica de Nintendo está a dar moito que falar nos últimos días, xa que se está a achegar a súa data de saída á venda, e comezamos a coñecer detalles sobre o seu funcionamento, o seu catálogo de xogos inicial ou mesmo algunha característica futura.Por exemplo, no Xapón xa anuncian que contará cunha versión da Wii que permitirá a reprodución de (...)
Ler máisDell recomenda 2 Gb de RAM para os equipos que vaian a empregar Windows Vista
Os requisitos de funcionamento das aplicacións informáticas e sistemas operativos, de xeito que as capacidades mínimas esixidas normalmente non chegan para un uso aceptable dos mesmos, de aí que existan unhas especificacións aconselladas, que no caso do novo sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, serían de 1 Gb de memoria RAM (entre outras cousas) (...)
Ler máisBúscanse homes malos. Razón: dontdatehimgirl.com
“Non saias con el, nena”: non é o título dunha curtametraxe de escaso orzamento, nin unha parte da conversa entre dúas mozas nun bar calquera, nin é o título dunha novela de intriga, tampouco é unha ameaza; mais si unha advertencia. Coma se dun paquete de tabaco se tratase, dontdatehimgirl.com advírtelles ás mulleres que a visiten das consecuencias que poden (...)
Ler máisA web do festival Lugomáxico ofrece completa información sobre este certame, que comeza o 6 de novembro
Lugo vai ser do 6 ó 11 de novembro o sitio a onde nos gustaría a moitos teletransportarnos ou transfigurarnos, meténdonos nunha caixa de madeira e dándolle logo uns toqueciños dende dentro cunha variña máxica.Mais, xa que a gran maioría de nós non imos alén duns trucos de cartas ou de sacar moedas das orellas dos amigos e amigas, teremos que conformarnos con (...)
Ler máisINTECO pon en marcha no Berzo unha proba piloto de xestión de datos financeiros
A comarca do Berzo vén de ser elixida entre unha longa listaxe de comarcas de todo o Estado para albergar a proba piloto dun proxecto tecnolóxico desenvolvido polo Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) e cualificado por este centro de investigación como “cen por cen innovador” no que se refire ó emprego da información financeira dixital. A (...)
Ler máisA Semana da Ciencia inclúe este ano 101 actividades a celebrar en toda Galiza
Xa hai programa oficial para a Semana da Ciencia 2006, que coordina en Galiza a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D e que este ano xira en parte arredor dos achados relacionados co cerebro. Foi precisamente este departamento o encargado de presentalo este luns 30 en Santiago. Alí puidemos saber que nesta celebración –que se organiza (...)
Ler máisAccesible en beta Dokeos LMS 1.8
Noa Orizales de Contidos Dixitais vén de informar da posibilidade de descargar a versión beta de Dokeos LMS 1.8, accesible xa dende a web de Dokeos, onde tamén se ofrece a opción de probar a dita ferramenta en liña. Cómpre sinalar que esta nova versión responde ó esforzo de Dokeos por mellorar o seu sistema de xestión da aprendizaxe, achegando máis (...)
Ler máis0 | ... | 42330 | 42340 | 42350 | 42360 | 42370 | 42380 | 42390 | 42400 | 42410 | ... | 42560