Nova versión alfa de Fennec

luns, 7 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A versión móbil do navegador Firefox segue a avanzar a bo ritmo, e o proxecto Fennec chega á súa terceira versión alfa para Windows Mobile, de xeito que os usuarios da versión móbil do sistema operativo de Microsoft poden contar cunha versión actualizada do Fennec que soporta un maior número de resolucións de pantalla (o que permite que funcione en máis terminais) á vez que corrixe distintos fallos detectados nos últimos meses.
O Fennec alpha 3 tamén conta cun rendemento mellorada nos desprazamentos laterais, cun sistema de cacheado para evitar duplicar o traballo de procesado de páxinas web e outras características adicionais.

PUBLICIDADE