Nova plataforma para incluír publicidade nos vídeos incrustados en páxinas web

martes, 14 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Exemplo de incorporación de publicidade nunha capa sobreimpresa

O portal de vídeos Heavy.com abre a súa plataforma publicitaria a calquera que inclúa vídeos nas súas páxinas web e blogs mediante un reprodutor multimedia de Husky Network que incorpora publicidade ó redor dos vídeos a reproducir (a xeito de marco) compartindo cos responsables das webs os beneficios acadados por estes impactantes anuncios.
A nova solución fuxe así das solucións habituais de publicidade dentro dos vídeos, e permite elixir entre 3 opcións de integración: cun reprodutor multimedia personalizado (ou sexa, cunha integración absoluta), cunha fiestra emerxente e cunha capa sobreimpresa na que se abre o vídeo e a súa publicidade (sistema moi elegante de amosar os clips).
Con esta solución, os blogs que empregan vídeos de YouTube, Revver ou MySpace poden incorporar esta plataforma publicitaria de xeito doado.

PUBLICIDADE