Nova edición do programa Formadores Dixitais
luns, 10 de outubro do 2022
A Xunta vén de pór en marcha a terceira edición do programa Formadores Dixitais
no que se está a ofrecer
cualificación en competencias dixitais a 80 docentes especializados en
formación para o emprego. A iniciativa estende o número de horas lectivas
dirixidas a estes profesionais ata as 150 nesta ocasión, na que se prestará
especial atención ás ferramentas para a docencia virtual. As sesións, que
arrancaron esta mesma semana, estenderanse ata o próximo 15 de decembro.
A docencia vinculada á area de emprego é unha pedra angular
nas dinámicas dun mercado laboral en constante evolución con un novo abano de
posibilidades que están dando paso a novos desafÃos, principalmente no eido
dixital. Formadores Dixitais está dirixido, asÃ, a docentes residentes en
Galicia que impartan ou teñan impartido desde o ano 2020 algún curso dentro do
eido da formación para o emprego.
As horas lectivas do programa impártense 100% en modalidade en
liña. Repártense en módulos formativos
co propósito de mellorar a capacitación dixital das persoas que traballan na
formación para o emprego ofrecéndolles ferramentas baseadas no e-learning.
Neste marco, as sesións aproveitan técnicas e soportes desta modalidade docente
tanto no eido da xestión académica, as aplicacións de telefonÃa móbil e/ou o
desenvolvemento de podcasts ou presentacións interactivas.