Nova beta de GALPon MiniNo

luns, 19 de abril do 2010 Marcus Fernández

Captura de pantalla desta interesante distribución de Linux orientada a equipos con prestacións reducidas

En abril de 2008 naceu o proxecto GALPon MiniNo coma confluencia de GALPon Mini e Minino, dando lugar a unha distribución de Linux actualizada en galego e español, e orientada a equipos reciclados da Universidade de Vigo, pero válida para ordenadores con recursos reducidos, que continúa a renovarse, de xeito que estrea unha nova versión de proba na que pode verse unha aparencia renovada e moitas melloras e novas utilidades, mantendo moi vivo este sistema operativo que na práctica goza dun grao de tradución ao galego do 100%.
O novo GALPon MiniNo está xa dispoñible para a súa descarga, e inclúe novidades de interese coma escritorio dobre baseado en ROX-Filer e PCManfm, Lxp-icewm, fiestras con deseño propio, montaxe automática de arquivos comprimidos, aparición automática no escritorio de tarxetas de memoria e memorias USB, etc.

PUBLICIDADE