Nova actualización do Nokia 5800 XpressMusic

xoves, 14 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios dos populares teléfonos móbiles Nokia 5800 XpressMusic estarán contentos ao saber que finalmente recibirán unha actualización do seu firmware, a versión 40.0.005, que xa pode descargarse a través do Nokia Software Updater (ou mediante OTA) e destaca por incorporar novidades coma o desprazamento cinético en boa parte dos menús, pantalla de inicio con widgets de xeito semellante a como fai o Nokia 5530 XpressMusic, rotación de pantalla automática na escritura de mensaxes de texto, renovación dalgunhas iconas, actualización do Real Player á súa última versión, melloras na resposta da pantalla e un sistema máis estable, cambios que parecen destinados principalmente a mellorar a experiencia de uso dun dos terminais máis vendidos nos últimos meses.

PUBLICIDADE