Nokia quere axudar a atopar aparcadoiro nas grandes cidades

luns, 1 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Buscar un aparcadoiro nas grandes cidades pode resultar moi complicado, á vez que forza aos usuarios a empregar os seus servizos a cegas, algo que dende Nokia queren que sexa cousa do pasado, polo que propoñen Nokia Parking, unha base de datos de aparcadoiros que estrearase en varias cidades europeas en novembro e que busca axudar tanto á localización dos aparcadoiros, así como de achegar información sobre as súas tarifas e o número de prazas libres e incluso permitiría aproveitar o smartphone para facilitar o seu pagamento.
Non estamos ante unha aplicación móbil (aínda que Nokia estea a amosar unha para os seus terminais Lumia) senón un servizo que poderán adoptar os desenvolvedores de aplicacións, de xeito que podería integrarse en distintos móbiles e dispositivos de navegación por GPS. Séntanse así os alicerces para que nun futuro non moi afastado o móbil poida axudarnos a aparcar no centro das nosas cidades.

O servizo Nokia Parking achega información sobre o prezo dos aparcadoiros


Demostración de Nokia Parking publicada por Engadget

PUBLICIDADE