Nokia merca o Atlas Social Dopplr

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Marko Ahtisaari é o máximo responsable de Dopplr

Nokia anunciou hoxe o seu acordo de compra de Dopplr, por unha suma sen concretar, o que non debería ser unha sorpresa, entre outras cousas porque o máximo responsable de Dopplr, Marko Ahtisaari, fora director de estratexia de deseño de Nokia.
Dopplr permite aos usuarios crear viaxes e compartilos cos amigos, de xeito que os usuarios tamén poden axudar suxerindo trucos ou facendo advertencias sobre hoteis e restaurantes, e está integrado en servizos da rede social coma Flickr e Twitter.
Dende Nokia aseguran que o servizo actual de Doppler vía web ou a través doutras plataformas (coma o iPhone) permanecerá sen cambios tras esta adquisición.

PUBLICIDADE