Nokia España galardoada polo seu labor de inclusión social aos menores inmigrantes

martes, 12 de maio do 2009 Raquel Noya

Nokia España, grazas ao seu programa Crono para a inclusión social e educativa de menores inmigrantes ou en risco de exclusión social, vén de ser distinguida coa medalla de ouro da Cruz Vermella polo seu labor social na axuda a máis de 350 nenos e nenas vinculados a procesos migratorios nos últimos anos.
Crono ofrécelle a estes menores a posibilidade de desenvolver práticas de inclusión social e educativa, favorecendo así o seu desenvolvemento integral, así como a súa integración social, educativa, laboral e cultural.
A empresa con sede no noso país, leva desenvolvendo o programa Crono durante dous anos e medio, periodo no que segueu unha evolución crecente en canto ao número de beneficiarios xa que, segundo afirmaron os seus responsables, “cada vez chegan a España máis menores, sobre todo procedentes do norte de África, Latinoamérica, Europa do Este e China” polo que a entidade tecnolóxica, que non pecha os ollos ante esta inxustiza, axudou a 80 mozos e mozas o primeiro ano, a 112 no segundo e a 172 durante os primeiros seis meses do terceiro ano.
A Cruz Vermella destacou “o compromiso da multinacional finlandesa para ofrecer unha aproximación máis humana á tecnoloxía e a súa acción como empresa socialmente responsable”.
Nokia España comparte galardón con outras dúas campañas, entidades ou asociacións como son a Autoridade Portuaria de As Palmas, a campaña Ponlle freo e o Voluntariado da Asociación Española Contra o Cancro.

PUBLICIDADE