Noia Histórica realizará un curso de Facebook e Instagram Ads
mércores, 7 de abril do 2021
A
asociación empresarial Noia Histórica, coa colaboración do
Concello de Noia, vén
de anunciar a realización dun curso sobre Facebook e Instagram Ads,
dúas aplicacións coas que se pretende mellorar o posicionamento e
os produtos das empresas e comercios.
A
iniciativa, impartida
polo experto en nova comunicación e novas estratexias de
mercadotecnia
Javier Rocamora, está dirixida a persoas relacionadas coas redes
sociais e levarase a cabo do 12 de abril ao 14 de mesmo mes, en
horario de 17:00 a 20:00 horas.
As
prazas son limitadas. Por iso, os interesados deberán inscribirse o
antes posÃbel.
O custo total do curso é de 50 euros. Sen embargo, os socios de Noia
Histórica, non o terán que pagar.
Javier
Rocamora
A
persoa encargada de impartir estes contidos será o experto en
ecommerce
e redes sociais Javier Rocamora, profesional das novas vertentes da
xestión comercial, amais de consultor autónomo e formador
especializado neste campo en concreto. Rocamora publica de xeito
regular artigos en Marketing For
eCommerce, unha das publicacións
online
de referencia a nivel nacional en comercio electrónico. Entre seus
proxectos máis destacados figuran a redacción de contidos no
proxecto Vendes en Internet?
da entidade estatal Red.es, o deseño e implantación da estratexia
dixital a nivel europeo da multinacional islandesa Saeplast, a
xestión da campaña estival na Rede de 2017 para Turismo de Galicia
e o Camiño de Santiago ou a súa participación en proxectos para
Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski,
Pescanova, Elogia Media, BAP Conde, Roi Scroll e un longo etcétera.