No polo aeroespacial galego xa traballan máis de 50 axentes

luns, 26 de novembro do 2018 Redacción

Segue adiante, collendo pulo, o polo aeroespacial de Galicia. Hoxe a Consellería de Economía deu a coñecer que o programa está no ecuador da súa execución, e que nel participan máis de medio cento de axentes, entre entre administracións, socios tecnolóxicos e PEME que se foron incorporando dende a orixe da iniciativa. , ao abeiro do cal estanse a impulsar iniciativas que mobilizarán preto de 165 millóns de euros.
Conde lembrou que entre as máis salientábeis incorporacións recentes á iniciativa atópanse a de Boeing, cuxa implicación no polo foi cualificada por Conde como “unha magnífica nova para contar con empresas tractoras que permitan avanzar nos diferentes programas de innovación”. Conde asegurou que o obxectivo é “seguir traballando para pasar dos proxectos de innovación ao desenvolvemento industrial deste sector”. Así, avanzou os proxectos que se van poñer en marcha nos vindeiros meses, como o parque industrial que se vai construír nas instalacións de Rozas, cun investimento de 2,4M€ que prevé, nunha primeira fase, desenvolver 30.000m2 cunha dispoñibilidade inicial para a implantación de sete naves. Tamén se referiu á aceleradora aeronáutica de Lugo que botará a andar nas próximas semanas coa convocatoria da primeira das súas tres edicións previstas e nas que se espera mobilizar un mínimo de 4,75M€ dando soporte a 19 empresas e a creación de 60 empregos directos.
En canto ao Programa de Solucións, dixo que están adxudicados nove dos 10 contratos licitados. En concreto, tres centrados no desenvolvemento de solucións para a xestión do territorio, tres para a mellora da competitividade do sector agrícola, dous para a seguridade e actividade da frota pesqueirontrol e calidade das augas e un, liderado por Boeing, para a xestión do tráfico aéreo e a convivencia entre aeronaves tripuladas e non tripuladas.
Conde salientou tamén a “complementariedade das iniciativas que se están a realizar nas Rozas: “Mentres os socios tecnolóxicos Indra e Babcock están a desenvolver en colaboración con PEME e centros tecnolóxicos catro plataformas (entre avións non tripulados e un dron mariño) e as súas aplicacións, proxectos como o que realizará Boeing será fundamental para permitir a súa convivencia con avións tripulados e avanzar no eido da seguridade e o control aéreo”.

PUBLICIDADE