Nintendo organiza unha exposición fotográfica 3D en A Coruña
venres, 15 de xullo do 2011
Dende hoxe e ata o 24 de xullo de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 12:00 a
21:00 horas os sábados estará aberta na Fundación Novacaixagalicia (A Coruña) a
exposición Dimensiones by
Nintendo 3DS, que permite achegarse ás fotografÃa estereoscópica que
permite a nova consola portátil de Nintendo a través dunha serie de imaxes captadas
por varios fotógrafos profesionais, que pretenden ilustrar sobre as
posibilidades das 3D na fotografÃa e animar á xente a sumarse á experiencia coa
súa Nintendo 3DS.
- Xurxo Lobato explicando unha das súas imaxes na exposición
A principal vantaxe da experiencia tridimensional da Nintendo 3DS é poder
gozala sen lentes, o que facilita poder facer unha exposición coas fotografÃas
captadas, que conta neste caso con achegas de Ouka Leele (que xogou coas prestacións da
3DS debuxando sobre fotografÃas e integrando os Miis no mundo real), o coruñés Manuel Queimadelos (que procurou
captar distintos momentos deportivos coa cámara da 3DS), Txema Salvans (que sorprendeu cos
profundidade de imaxes dun neno que gusta dos dinosauros de xoguete), Marisa Flórez
(que captou imaxes cotiás, nas que non faltaron os polÃticos, demostrando que a
profundidade das 3D axuda a meterse nas situación), Daniel Riera (xogou coa fotografÃa de
estudo en 3D), José B. Ruiz (que buscou
a espectacularidade e fermosura nas imaxes de natureza que rexistrou
estereoscopicamente coa 3DS), Joan
Fontcuberta (quen optou por realizar bodegóns con lentes anaglÃficas no que
parecÃa unha broma para ilustrar a evolución das 3D dende as simples lentes de
cartón ata os sistemas actuais sen lentes e, dándolle un toque máis local, con Xurxo Lobato (quen retratou
en 3D a muralla de Lugo, a Torre de Hércules e a catedral de Santiago,
entre outras imaxes).
Aparte da experiencia de visualización sen lentes, na posicións Dimensiones by Nintendo 3DS tamén dan algúns consellos para tomar
boas imaxes estereoscópicas coa 3DS, como serÃan: non achegarse nin
distanciarse moito do que se quere retratar, buscar diferentes planos na
escena, elixir obxectos estáticos para evitar que as imaxes saian movidas, aproveitar
as cores o máximo posible, mesturar luces e sombras, explorar distintos ángulos
e outras prácticas que permitirán capturar imaxes cunha sensación de inmersión
que mesturará o realismo coa creatividade.
- Algunhas das imaxes que poden verse na exposición
- Queimadelos demostra o potencial das 3D nas imaxes deportivas