News Corp. podería vender MySpace a cambio do 25% de Yahoo

xoves, 21 de xuño do 2007

News Corporation, xigante mediático propiedade do magnate Rupert Murdoch, podería ter ofrecido a Yahoo o popular servizo MySpace a cambio dunha participación do 25% na súa empresa.
As negociacións aínda estarían nun estado inicial, e non se sabe se o cambio de dirección de Yahoo poderá afectar ás mesmas, pero hai que destacar que o peso de MySpace é moi importante na Rede, polo que para ó portal dirixido por Jerry Yang sería moi interesante facerse co seu control.
News Corp. adquirira MySpace hai 2 anos por 580 millóns de dólares, mentres que o valor do 25% de Yahoo estaría nos 12.300 millóns de dólares, o que suporía unha seria desproporción que dificultaría as negociacións.

PUBLICIDADE