Neutrogena patrocinará o vlog de LonelyGirl15
venres, 22 de xuño do 2007
- Jessica Lee Rose recollendo ó premio Webby á Mellor Actriz
A actriz Jessica Lee Rose é moi popular na Rede por
interpretar a Bree (tamén coñecida coma LonelyGirl15) nun videoblog no que se finxÃa que o personaxe
protagonista era real (ata que se descubriu que era un personaxe ficticio, o que
ocasionou bastante rebumbio) e que causou tanta sensación (superou os 11 millóns
de visualización en YouTube) que mesmo converteu a Jessica Lee na primeira gañadora do
Webby á Mellor Actriz.
Pero como de premios non se vive, os produtores do videoblog parece que
atoparon un xeito perfecto de financiar as súas actividades, pois pecharon un
acordo coa empresa de coidado da pel Neutrogena, de xeito incorporarán ós vÃdeos
un novo personaxe, un cientÃfico que traballarÃa para a empresa, e que axudarÃa a Bree a localizar a un
amigo secuestrado.
Este tipo de promoción nun vlog non ten precedentes, e serÃa un expoñente do traspaso
do investimento publicitario da televisión á Rede, indo moito máis aló do
tradicional product placement. Dende
Neutrogena atoparon interesante investir no vlog de Jessica L. Rose porque
atrae a un público mozo, ou sexa, ós seus clientes potenciais, polo que agardan
que os afeccionados saiban apreciar este xeito de colaboración entre a empresa
cosmética e os creadores deste éxito da Internet.