Netronix prepara un lector de e-books con pantalla de 9,7 polgadas e conectividade sen fíos

mércores, 9 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Cando falamos do lanzamento do Inves-Book 600 comentamos que semellaba unha versión do lector de libros electrónicos máis básico do fabricante taiwanés Netronix, pero esta liña de produtos podería mellorar bastante no primeiro trimestre de 2010 se atendemos ao calendario de Netronix, no que figura o lector EB900, que contaría cunha pantalla táctil de 9,7 polgadas con 16 niveis de gris (con soporte de escritura), capaz de ler documentos en TXT, PDF, HTML, FB2, EPUB, PRC, MOBI, JPEG e BMP e incluso contaría con conectividade Wi-Fi, Bluetooth e 3G, de xeito que o Kindle DX podería contar cun duro competidor.

PUBLICIDADE