Netin Club mobilizou dende As Pontes ducias de investidores en novos proxectos tecnolóxicos
mércores, 17 de marzo do 2021
Netin
Club, a plataforma de investidores privados en proxectos
tecnolóxicos e innovadores, celebrou este 16 de marzo no concello
galego das Pontes a súa nova convocatoria de investimento. Fíxoo en
formato híbrido (presencialmente dende o Auditorio Municipal Casa do
Peso e en streaming a través de Youtube para toda España) e
presentando tres empresas na procura de financiamento.
Estas
foron as iniciativas dadas a coñecer ante potenciais investidores de
todo o ámbito estatal:
·
Hygia, proxecto de Albacete que achega un sistema de Realidade
Virtual que recrea varios casos de uso aos que os profesionais de
emerxencias sanitarias en helicóptero (HEMS) expóñense de xeito
regular.
·
WeAreProBodas, de Barcelona, o primeiro marketplace de vodas
no mercado que conecta a parellas con profesionais co fin de cubrir
calquera necesidade á hora de planificar unha voda.
·
Lolo Bio, proxecto de Murcia, ofrece unha solución cosmética bio,
vegana e substentábel.
Como
cada mes, Netin Club busca reactivar a economía daquelas startups
que se atopan en procura de financiamento para así seguir medrando
co seu negocio.
Ao
evento acudiron máis de 30 investidores de maneira presencial e máis
de 100 investidores conectáronse a YouTube desde as 13 localizacións
que ten Netin Club en diferentes puntos da Península.
Enrique
Saint-Gerons, conselleiro delegado de Netin Club destacaba no evento
o obxectivo de ofrecer a posibilidade de procurar recursos para todas
aquelas empresas e emprendedores que parten dos distintos puntos de
España e que “teñen a necesidade de irse a outras zonas para
atopar socios estratéxicos ou socios económicos”.
No
evento, coa colaboración do Concello das Pontes, formalizouse tamén
un acordo de colaboración entre AJE Lugo e Netin Club destinado a
promover conxuntamente a economía a través do financiamento de
proxectos da zona. Noelia López, presidenta de AJE Lugo, enxalzaba o
labor de Netin Club á hora de facilitar ás emprendedoras e
emprendedores o camiño cara ao capital que precisan para cadanseus
proxectos.