Netflix collerá o facho de Sálvame

venres, 23 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Na xornada de hoxe o programa de televisión Sálvame despídese da grella de Telecinco, no que parecía o broche final a 14 anos en emisión, pero que finalmente terá unha especie de spin-off en Netflix, xa que a plataforma de contidos baixo demanda vén de asinar un acordo con La Fábrica de la Tele para un novo reality show no que contan con 8 dos colaboradores do programa.
Polo momento non se detallaron nin o nome do programa nin o número de entregas que terá, sabéndose que estará dirixido por David Valldeperas e protagonizado por Belén Esteban, Terelu Campos, Kiko Matamoros, Lydia Lozano, Chelo García Cortés, Víctor Sandoval, Kiko Hernandez e María Patiño, que moveranse por España, Miami e México nunha aventura na procura de novos proxectos profesionais.
Prevese que a gravación deste programa teña lugar nos meses de verán e sería unha máis das resurreccións que chegan a través de plataformas dixitais, xa que a finais de ano tamén terá lugar unha nova edición de Operación Triunfo que poderase seguir a través de Amazon Prime Video (o vindeiro 10 de xullo celebrarán un casting en Santiago de Compostela).

A vindeira edición de Operación Triunfo desenvolverase en Amazon Prime Video

PUBLICIDADE