Negroponte sostén que o prezo dos equipos do proxecto OLPC poderán baixar ós 50 dólares en 2011

luns, 18 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Nicholas Negroponte, fundador do proxecto One Laptop Per Child, que prometía achegar ós nenos de países en vías de desenvolvemento ordenadores portátiles a 100 dólares precisou á revista Wired que «o obxectivo eran os 100 dólares... e o conseguiremos antes de rematar 2009» ó que engadiu que o prezo «se reducirá a 50 dólares en 2011».
Estas declaracións resultan case escandalosas ó ter en conta que moitos países e empresas están a retirar o seu apoio previo o proxecto OLPC en vista das moitas dificultades que están a ter para acadar os seus obxectivos (a produción dos portátiles XO-1 demorouse bastantes meses e comezou a un prez moi elevado) mentres que outras empresas están a facer posibles equipos económicos máis versátiles.
Negroponte precisou que as estimacións que fai sobre o prezo do portátil do seu proxecto se basea na Lei de Moore, pero orientándose á redución de custos en vez de ó incremento de prestacións (o que podería ser pouco realista, pois a fabricación dos equipos non é precisamente altruísta).
Por outra banda, o co-fundador do MIT Media Lab tamén recoñeceu que o seu proxecto non poderá atender a demanda mundial, polo que recibe de bo grado iniciativas semellantes coas que se poderán aliar no futuro (o que parece unha reacción lóxica ante a emerxencia de equipos UMPC de baixo custo coma o Asus Eee PC).

PUBLICIDADE