Naturgy ofrece reembolsos aos seus clientes viaxeiros grazas a un acordo con Booking.com
luns, 24 de febreiro do 2020
Naturgy
e Booking.com, plataforma dixital de viaxes polo mundo, veñen de
xuntar forzas para achegar vantaxes aos clientes de seu e, en
palabras da operadora eléctrica, achegar “un valor adicional ás
necesidades enerxéticas dos fogares en España”. En
termos concretos, os usuarios de Naturgy terán, en virtude do acordo
entre as empresas, unha ligazón propia a Booking.com para poder
realizar reservas en aloxamentos con reembolsos.
Estes
descontos nas viaxes irán até o 10% e teñen a vantaxe de ser
acumulábeis con outras ofertas vixentes en Booking.com. Terán
aplicación nun amplo abano de operacións: tanto para as reservas de
apartamentos nunha cidade como en escapadas de fin de semana, tanto
para fogares de vacacións en vilas concretas como para hoteis en
cidades por motivos de traballo.
Este
acordo enmárcase dentro da estratexia de transformación e impulso á
dixitalización de Naturgy e constitúe, nas súas palabras, “un
paso nas formas de conectar e establecer relacións cos clientes”.