Natalia Gómez Reboredo, gañadora do premio de fotografías con iPhone de atlanTTic

martes, 2 de xaneiro do 2024 S. P.

O premio fotográfico do centro atlanTTic (Universidade de Vigo), lanzada para visualizar, reivindicar e recoñecer imaxes en fodo retrato tomadas con dispositivos iPhone, xa ten gañadora.
Trátase de Natalia Gómez Reboredo. O galardón foi convocado para “incentivar a participación na investigación forense que se realiza no centro”.
O período de presentación de imaxes estivo aberto ata o venres 22 de decembro de 2023. Nas bases recollíase que cada participante debía enviar un total de 20 fotos realizadas cun mesmo dispositivo iPhone, capturadas en dúas sesións de 10 imaxes cada unha.
O premio consiste nuns auriculares AirPods Pro (2023 2ª xeración) de Apple.

PUBLICIDADE