Nadalmercaegana.com impulsa as compras locais en Lugo e na provincia
xoves, 20 de decembro do 2018
A
Deputación e o
Concello de Lugo, xunto con Lugo Centrum, presentaron hoxe a
programación de Nadal para a cidade. Segundo fixeron saber, o
programa inclúe máis de 40 actividades de balde dirixidas na súa
maiorÃa aos máis pequenos. Os grandes eixes de actividade serán a
Praza Maior e máis as rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de
xaneiro. Entre as accións incluÃdas atópase un certame que vén
con tres obxectivos: festexar o Nadal, promover o comercio de Lugo e
da provincia e impulsar o uso das novas tecnoloxÃas da información.
Trátase da campaña Merca e Gaña polo Nadal.
A
iniciativa vén da man da Deputación, xunto aos colectivos da
Federación de Comercio, e coa colaboración do Concello. A través
de Merca e Gaña polo Nadal vanse sortear 20 tarxetas agasallo de 300
euros e outras 20 de 200 euros entre as persoas que merquen en
calquera dos establecementos asociados da provincia, até o 6 de
xaneiro. Para participar, a cidadanÃa terá que sacarlle unha
fotografÃa ao ticket da compra que se lle entregue no establecemento
e rexistrala en www.nadalmercaegana.com
(ou ben solicitar o seu rexistro ao comerciante). A presente edición
da iniciativa vén con 10.000 euros en premios.
Durante
estas datas, incentivaranse as compras no comercio local con material
de promoción nas rúas dos 67 concellos ou en redes sociais co
cancelo #nadalmercaegaña.
Os
dÃas pasados, o certame puxo en valor o comercio local en Guitiriz
ou na zona sur
da provincia, onde 600 establecementos unÃronse á iniciativa.