Nace unha rede de blogueiros en defensa da lingua galega
mércores 14 de maio do 2008, por | |
| Compartir |
Os responsables dos blogues Contradiscurso 3.0,
Selva de Esmelle,
Sempre en Galiza, O caderno do Silvio,
Galiza Subversiva e O do Alberte xuntáronse
para subscribir un manifesto
na defensa do noso idioma, no que se destaca o seu compromiso
completo e activo coa lingua galega coma principal alicerce da nosa identidade
conectiva, se avoga polo uso do galego coma lingua vehicular dos galegos na
Internet, se rexeita todo ataque contra o galego, se reclama o dereito a vivir
con normalidade na lingua propia de Galicia, se adhiren ao anterior manifesto da Mesa pola
Normalización Lingüística e se anima á participación na concentración
que a Mesa organizou para o vindeiro domingo, convidando a outros blogueiros a
sumarse a esta iniciativa que se leva a cabo baixo o título de Blogues pola Lingua.
Esta nova rede de blogueiros en defensa do galego pretende así defender e
promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da
Web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado, e os seus responsables xa
recoñecen que están
a recibir moitos apoios doutros blogueiros interesados en apoiar
esta iniciativa.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














