MySpace faise cos dereitos de emisión da serie Quarterlife

xoves, 13 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Imaxe do trailer de QuarterlifeOs produtores de series coma Es Mi Vida ou Treinta y tantos, e películas coma Traffic, Marshall Herskovitz e Edward Zwick venderon a súa nova serie Quarterlife a MySpace, que a estreará na Internet intentando repetir o éxito de series como a de LonelyGirl15.


Vídeo de avance da serie

Quarterlife está composta por 36 episodios de 8 minutos para probar así un formato axeitado para a Internet, e narrará as historias dun grupo de rapaces de pouco máis de 20 anos que xiran entorno a unha rapaza (Dylan Krieger) que narra as súas experiencias nun videoblog.
A nova serie estrearase o vindeiro 11 de novembro e buscará a interacción e complicidade co seu público, aínda que o máis rechamante é que nesta ocasión non se trata dunha produción de baixo presuposto, senón que parece un produto que noutros tempos poderiamos ver en televisión.

PUBLICIDADE