MySpace chega ó medio millón de usuarios en España

mércores, 1 de agosto do 2007

O pasado 11 de xuño MySpace chegou oficialmente a España, e en tan pouco tempo conseguiu chegar ó medio millón de usuarios rexistrados, de xeito que adaptación do éxito norteamericano ós distintos países europeos parece ir por bo camiño.
Actualmente o portal está a promover os seus servizos de vídeo, música e mensaxería, e en setembro terá “novos lanzamentos, eventos e contidos” segundo adiantou o seu director de marketing, Matías Llort, quen tamén engadiu que a partires de outubro se desenvolverán máis proxectos chamados secret shows, que achegarán contidos exclusivos para os usuarios do portal.

PUBLICIDADE