Mundos Dixitais explorou un ano máis os avances na creación de contidos dixitais
luns, 13 de xullo do 2015
A xornada de clausura do Festival Internacional Mundos Dixitais 2015,
desenvolvido no recinto coruñés de PALEXCO, contou con diversos relatorios sobre
animación e efectos especiais e rematou coa habitual cerimonia de entrega dos
premios 3DAwards e os premios do Festival Internacional de Animación, que serviron de escaparate da boa saúde e o elevado potencial que este sector ten en España.
- OA, de PrimerFrame, conseguiu o premio á Mellor Curtametraxe Animada Nacional
O pasado sábado foi realmente un dÃa moi completo, con actividades de grande
interese para calquera profesional da creación dixital, como unha charla de
David Heras e Charly Puchol de User T-38, que deron conta dos efectos especiais
de El Ministerio del Tiempo, para os
que tomaron de referencia as prácticas de series como Juego de Tronos ou Los Tudor,
pero axustándose a un orzamento moi inferior (para asà poder crear os efectos
de cada capÃtulo en apenas unha semana); precisamente sobre os efectos en Juego de Tronos tamén houbo un
relatorio, do equipo de El Ranchito,
que explicaron o proceso de creación da batalla máis ambiciosa da última
tempada da serie (cos salvaxes loitando contra un exército de mortos viventes);
Hidetaka Yosumi, de Ilion Animation Studios, falou sobre o reto de animar en 3D
a seres humanos sen provocar rexeitamento por parte dos espectadores e amosou o
trailer do seu último traballo, El
Principito; Maxi DÃaz, de Lightbox Entertainment, deu algúns detalles da
produción de Atrapa la Bandera, filme
de animación que tras tres anos de traballo verá a luz o mes que vén,
procurando coller o relevo ao éxito de Las
aventuras de Tadeo Jones; Sergio Pablos, de The SPA Studios, explicou
algunhas técnicas para conseguir facer atractivos os proxectos, como demostrou
coa creación de Gru, mi villano favorito;
e Pedro SolÃs pechou as sesións de charlas contou a historia detrás da
curtametraxe Cuerdas, que converteuse
en todo un fenómeno social.
- Daniel MartÃnez Lara e Rafael Cano Méndez recibiron con grande emoción os recoñecementos á súa curtametraxe Alike
Como broche ao Festival, celebrouse a entrega de premios dos 3DAwards asà como
do Festival Internacional de Animación. Este último outorga, cada ano, catro
premios, indo a parar o recoñecemento como Mellor Curtametraxe Animada Nacional
a OA de PrimerFrame; mentres que os premios á Mellor
Curtametraxe de Animación e á o Premio do Público recaeron en Alike, curtametraxe dirixida por Daniel
MartÃnez Lara e Rafael Cano Méndez, participantes habituais en Mundos Dixitais
que amosaron unha grande satisfacción por recibir tal recoñecemento por parte
dos seus compañeiros de profesión. O Premio do Xurado recaeu en Nebula, curtametraxe producida por Yves
Portelli e dirixida por Camille Andre, Marion Bulot, Clément Doranlo, Myriam
Fourati, Jonghyun Jungboix, Alexis Kerjosse e Sarah Simon.
- Sergio Pablos recibiu o Premio Especial de Mundos Dixitais 2015
Sergio Pablos, supervisor de animación de pelÃculas como Tarzán, El jorobado de Notre Damme ou El Planeta del Tesoro recibiu o Premio Especial de Mundos Dixitais pola súa traxectoria profesional, amosándose emocionado polo repaso que se fixo pola súa traxectoria, pero deixando claro que aÃnda lle queda moito por facer, coa mirada posta no futuro dun sector que cada dÃa é máis prometedor.
- O Premio do Xurado recaeu en Nebula, recollendo o galardón a súa directora Camille Andre
Nebula, curtametraxe que acadou este ano o Premio do Xurado