Mundos Dixitais despídese mañá cunha completa xornada de relatorios e dúas entregas de premios

venres, 10 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Ben Jones falou hoxe en Mundos Dixitais do seu traballo na supervisión do deseño de personaxes de Guardianes de la Galaxia

A xornada de clausura do Festival Internacional Mundos Dixitais 2015, que se desenvolve na sede de PALEXCO, acolle unha completa programación de relatorios de animación e efectos especiais e rematará coa esperada cerimonia de entrega dos premios 3DAwards e os premios do Festival Internacional de Animación.
A xornada contará con relatorios dos responsables das dúas series de televisión máis importantes da tempada de efectos visuais en produción nacional e internacional como son El Ministerio del Tiempo e Juego de Tronos.
O programa da mañá finaliza coa presentación da nova produción dos creadores de Tadeo Jones, Atrapa la bandera, que será unha das películas máis importantes do ano no xénero de animación e que estará nos cines a partires do 28 de agosto, e que serviu de imaxe para a presente edición do certame.
Pola tarde, e como broche ao Festival, celébrase a entrega de premios dos 3DAwards así como do Festival Internacional de Animación. Este último outorga, cada ano, catro premios nas categorías de: Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Curtametraxe Nacional, Premio Especial do Xurado e Premio Especial do Público. Sergio Pablos, supervisor de animación de películas como Tarzán, El jorobado de Notre Damme ou El Planeta del Tesoro será quen reciba o Premio Especial de Mundos Dixitais pola súa traxectoria profesional.

Andrew Daffy amosará unha experienciad e realidade virtual que desenvolveu ao redor da película de Los Vengadores

PROGRAMA DO SÁBADO
MAÑÁ
10:00 - 11:00 A postproductora que fai realidade as viaxes o tempo
David Heras - VFX Supervisor / Charly Puchol - VFX Film Producer - User T-38
11:00 - 12:00 Realidade virtual sen límites (Sick VR)
Andrew Daffy - Founder - The House of Curves
12:00 - 13:00 A vida animada por ordenador
Hidetaka Yosumi - Character Technical Supervisor - Ilion Animation Studios
13:30- 14:30 Transmitindo emocións en “Atrapa la Bandera”
Maxi Díaz - Animation Supervisor- Lightbox Entertainment

No certame farase unha achega a Atrapa la bandera, que promete ser un dos éxitos da animación do verán

TARDE
16:00 - 17:00 Concepción e desenvolvemento de proxectos
Sergio Pablos - Creative Director and CEO - The SPA Studios
17:00 - 17:30 “Cuerdas”. Unha viaxe emocional
Pedro Solís – Director
18:00 - 18:45 Proxección finalistas - CGArchitect Film Festival
18:45 - 19:30 Proxección finalistas - Festival Internacional de Animación
20:00 - 21:00 Cerimonia de entrega de premios
3DAwards - Festival Internacional de Animación Premio Especial Mundos Digitales 2015 | Sergio Pablos
21:30 - 24:00 Cóctel de despedida

PUBLICIDADE