Multan a Telefónica por achegar unha conexión a 50 Kbps a un usuario que contratou unha liña de 6 Mbps
luns 6 de setembro do 2010, por |
Un fallo do Xulgado de
primeira instancia número 4 de Xixón sorprendeu ao sancionar por valor de 500
euros a Telefónica polos «danos morais»
ocasionados a un cliente que contratou
unha liña de 6 Mbps nunha zona do rural asturiano que nunca chegou a superar os
50 Kbps de velocidade.
A decisión xudicial sinala que o contrato de ADSL mantívose durante 5 meses ata
que o denunciante cambiou de compañía, tendo que asumir o custo da permanencia,
e con prexuízos ocasionados evidentes (a liña correspondía ao propietario dunha
empresa inmobiliaria, que tivo que trasladar parte do seu traballo ao seu
domicilio fóra do horario comercial, incluíndo fins de semana), de aí que a
sanción pareza moderada e asumible.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















