Mulleres de Portada dará a coñecer ás gañadoras do premio María Josefa Wonenburger Planells a través de entrevistas

xoves, 11 de febreiro do 2021 Redacción

Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, xornada que lembra que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse, a Consellería de Emprego e Igualdade estrean na Internet o proxecto Mulleres de Portada, que consiste nunha serie de entrevistas a mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga dende 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. Deste xeito saliéntase a figura de mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo, que abriron camiños a moitas outras e que poden ser referentes para moitas nenas de cara á súa vocación científica.

A primeira destas Mulleres de Portada é Mabel Loza, licenciada en Farmacia pola USC e director do grupo de investigación BioFarma centrado na aplicación da farmacoloxía ao descubrimento de fármacos, quen recibiu o premio María Josefa Wonenburger Planells no ano 2019.

A segunda entrevista publicda dentro deste proxecto é a que corresponde á premiada no ano 2018, Alicia Estévez Toranzo, doutora en Bioloxía e licencida en Farmacia pola USC, que codirixe o grupo de Investigación en Patoloxía de Animais Acuáticos. Tamén forma parte da Real Academia de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia.

PUBLICIDADE