Mozilla axuda a levar o Unreal Engine 3 á web

mércores, 27 de marzo do 2013 Marcus Fernández

<a href="https://developer.mozilla.org/es/demos/detail/bananabread">BananaBread</a> é unha excelente mostra do potencial da web para xogos en liñaMozilla continúa a promover unha web aberta e innovadora, e aproveitou a celebración da Game Developers Conference (GDC) para amosar o potencial da mesma como plataforma de xogo, para o que desenvolveu unha versión moi optimizada de JavaScript para facilitar a creación de xogos con gráficos 3D que poden funcionar directamente eno Firefox sen precisar de ningún tipo de engadido adicional, conseguindo un desenvolvemento bastante bo, que pode resultar moi interesante para quen queira crear videoxogos multiplataforma.
Grazas á colaboración de Mozilla e Epic Games conseguiron levar o motor Unreal Engine 3 á web, o que resultará de grande utilidade para moitos desenvolvedores para trasladar os seus videoxogos á web, que non só poderán gozar de excelentes gráficos, senón que tamén poderán gozar de modos multixogador e incluso aproveitar a tecnoloxía WebRTC para comunicar aos seus usuarios.
Estes avances procurarán levalos tamén a plataformas móbiles, para que grandes xogos web poidan gozarse en smartphones e tablets, ofrecéndoos nos Firefox Marketplace (actualmente en probas en Firefox para Android e que a finais de ano agarda chegar a Firefox OS).


Vídeo de presentación do Unreal Engine 3 para web

PUBLICIDADE