Movistar traerá a España o Nokia 5800 XpressMusic

luns, 13 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O Nokia 5800 XpressMusic chegará a España o vindeiro 1 de decembro, e a operadora que será a primeira en vender este impresionante teléfono multimedia con pantalla táctil será Movistar, repetindo así a exclusividade que xa ten co iPhone, e potenciando a súa posición comercial de cara á campaña de Nadal.
A operadora aínda non anunciou o prezo final que terá este móbil, aínda que se agarda que sexa bastante axustado, o que podería disparar as súas vendas.
Que o Nokia 5800 XpressMusic inclúa Wi-Fi, 3G, GPS e pantalla táctil non o converten directamente nun novo iPhone, senón que se trata dun dispositivo máis orientado á reprodución multimedia (pois non conta coa potencia para aplicacións do móbil de Apple) que incluso supera ao iPhone en moitos aspectos (como a cámara, as funcionalidades do GPS, as posibilidades de uso do Bluetooth ou a posibilidade de utilizar memorias microSD de ata 16 Gb) pero dista de ser un produto alternativo por estar orientado a distintos usos e usuarios (resultando moito máis axeitado para a meirande parte do público).

PUBLICIDADE