Movistar tira proveito de WhatsCine para achegarse ás persoas con discapacidade audiovisual

xoves, 10 de decembro do 2015 Redacción

A campaña de Nadal de Movistar chega á grande pantalla co primeiro anuncio accesible para cinemas, que se proxectará do 11 ao 24 de decembro en 3.028 salas de toda España e que, grazas á tecnoloxía de WhatsCine , único sistema do mundo que inclúe os tres elementos de accesibilidade (audiodescripción, subtítulos e lingua de signos) poderán gozar en ao redor de 500 salas (entre as que figuran os cines Yelmo da cidade da Coruña e as salas de Galicine en Ourense, Pontevedra e Vigo) todas as persoas con discapacidade audiovisual en igualdade de condicións e sen interferir na experiencia do resto dos espectadores.
Durante un minuto o anuncio fai un aceno ao público convidándolle a descubrir da man dalgúns personaxes da mítica saga Star Wars que ”todo o entretemento da Galaxia está en Movistar+” (os deportes, as series e o cinema), e para gozar do anuncio accesible, o usuario só ten que descarga de balde a aplicación WhatsCine (dispoñible na App Store e en Google Play) e instalala na súa smartphone ou tableta. Unha vez na sala de cinema, o usuario conéctase á rede integrada Wi-Fi da sala e elixe a opción de subtítulos , de Lingua de Signos Española (LSE) ou de audiodescripción, segundo as súas necesidades.
O espectador con discapacidade auditiva verá no seu dispositivo os subtítulos ou a imaxe dun intérprete de LSE sincronizada cos diálogos da película, dependendo da súa elección. Así mesmo, as persoas cegas poden escoitar a audiodescripción da película a través duns auriculares conectados ao seu smartphone ou tablet sen interferir co son da sala. WhatsCine utiliza o audio da propia sala para sincronizar perfectamente o seu sistema de accesibilidade. O sistema tamén é compatible coas proxeccións desde DVD ou Blu-ray.
Pero ademais de facer accesible a campaña de Nadal, a compañía ofrece ás persoas con discapacidade audiovisual a posibilidade de gozar en Movistar+ dunha ampla selección de películas accesibles coa app WhatsCine. Este contido tamén está dispoñible na plataforma Yomvi.

Vídoe promocional de Movistar+ para o Nadal

PUBLICIDADE