Movistar reforza a súa rede móbil en Ribadavia con motivo da Festa da Istoria

xoves, 24 de agosto do 2023 S. P.

Movistar anunciou que vai reforzar cunha unidade móbil a cobertura da rede de Ribadavia con motivo da Festa da Istoria, que se celebra entre mañá este 25 e o sábado 26 de agosto, e congregará, segundo lembra a operadora de telecomunicacións, a milleiros de visitantes. A compañía quere dar resposta ao incremento da demanda de voz e datos prevista durante o evento, motivada pola afluencia masiva de turistas, así como polo uso cada vez máis intensivo de dispositivos móbiles, “o que xerou un crecemento exponencial do tráfico de datos nos últimos anos”, explica.
Ademais e “para garantir a conectividade durante o verán”, a empresa recorda que ampliou a súa cobertura 5G en zonas costeiras e de interior con gran concorrencia de visitantes en datas estivais. Movistar foi quen de pechar o primeiro semestre de 2023 en Galicia con preto de 300 municipios con cobertura 5G tanto na banda de 3.500 megahercios (MHz), que permite ofrecer os servizos máis avanzados cunha moi baixa latencia, como na de 700, “con máis capacidade de penetración no interior de vivendas”, explica a operadora, engadindo que en conxunto, “a nosa tecnoloxía 5G cobre xa a máis do 85% da poboación española e o seu obxectivo é dotar de ultras banda larga (fibra e/ou 5G) a todo o territorio galego nos dous próximos anos”.

PUBLICIDADE