Movistar padece unha importante incidencia nos seus servizos fixos

venres, 19 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Dende ás 15:10 horas millóns de abonados de Movistar experimentaron unha seria incidencia que afeitou aos servizos de Internet, televisión e incluso de voz IP sobre fibra, segundo recoñeceu a compañía a media tarde, afectando o problema a moitos nodos entre os que figuran os de Santiago de Compostela e Vigo, e que non afectaría aos usuarios de servizos móbiles e, de feito, durante a incidencia os usuarios estarían a recibir bonos de datos móbiles ilimitados durante 3 días mentres se soluciona a incidencia.
En DownDetector podemos ver a evolución da incidencia, que a última hora da tarde tería iniciado a súa mitigación, de xeito que pola noite podería darse o problema por solucionado.

ACTUALIZACIÓN (20-6-2020): Finalmente Movistar deu a incidencia por resolta ás 11:09 horas, ou sexa, 20 horas despois do inicio dos problemas técnicos.

PUBLICIDADE